Abwehr
Abwehr
[HIST]
Organización de espionaxe da Alemaña. Instituída no 1921, a partir do 1933 Hitler dotouna de grandes medios económicos. Entre os anos 1935 e 1943 dirixiuna o almirante W. Canaris; posteriormente as súas funcións transferíronse á Gestapo. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) contribuíu ás accións da Wehrmacht e á loita contra as resistencias á ocupación alemana. Disolveuse ao concluír a guerra.