Acadèmia de la Llengua Catalana

Acadèmia de la Llengua Catalana

Institución creada polo Congrés Catalanista do 1880 para se opoñer á anarquía ortográfica derivada do fracaso dos Jocs Florals do 1863. A súa existencia foi sempre polémica malia o entusiasmo de Àngel Guimerà. Artellou unhas Regles ortogràfiques (1916) alternativas ás do Institut d’Estudis Catalans (1913).