Academia Literaria de Santiago

Academia Literaria de Santiago

Institución fundada en Santiago de Compostela en 1841 por un grupo de escritores novos, estudiantes ou residentes nesa cidade. A súa primeira sede estaba no antigo mosteiro de San Martiño Pinario, pero no 1843 trasladouse, por problemas coas autoridades, ao ex-convento de Santo Agostiño. O seu presidente foi Domingo Díaz de Robles e o secretario Miguel Rúa Figueroa, quen deu a coñecer os discursos e os traballos en prosa e en verso realizados polos membros da Academia en Trabajos de la Academia Literaria de Santiago pertenecientes al primer terzo del año 1841. Tamén foron membros da Academia Antolín Faraldo, Antonio Neira de Mosquera e Xosé Mª Carracido. A revista El idólatra de Galicia recollía algúns dos traballos qaue se presentaban e lían na Academia.