Acaia

Acaia

(

Nomós de Patres, Grecia (3.271 km2 ; 300.078 h [1991]). A capital é Patres. A antiga rexión de Acaia non tivo un papel destacado ata o 280 a C, cando se creou a Liga Aquea, que loitou alternativamente contra Esparta e contra Macedonia axudada polos romanos, que a disolveron no 146 a C, converténdose Acaia en provincia romana; a partir da conquista romana, o nome de Acaia serviu para designar toda Grecia. Despois das cruzadas dos ss XII e XIII, en que foi conquistada por Guillerme de Champlitte -quen a reinou co nome de Guillerme I de Acaia- e Godofredo de Villehardouin (1205-1210), constituíuse en principado do Imperio Bizantino, adoptando entón a denominación de Morea, e chegou a abranguer todo o Peloponeso. No ano 1267 Carlos I de Anxou, Rei de Sicilia, converteuse no seu soberano. Xaime III de Mallorca chegou a ser proclamado Príncipe de Acaia en 1334, pero a batalla de Llucmajor con Pedro III de Aragón truncou o incipiente proxecto imperial. O derradeiro príncipe anxeví de Acaia foi Xaime dos Baos, Emperador romano nominal de Oriente. No ano 1430, os déspotas de Mistra ocuparon os restos do principado. Finalmente, no ano 1460 foi ocupada polos turcos.

Palabras veciñas

acaecemento | acaecer | acaer | Acaia | acainzar | acalar | acalasia