Acapulco de Juárez
Acapulco de Juárez
ou Acapulco Cidade do estado de Guerrero, México, nos contrafortes da Sierra Madre do Sur, na ribeira da baía de Acapulco (592.187 h [1990]). Punto de orixe da antiga navegación colonial entre Nova España e as Filipinas, é actualmente un gran centro turístico internacional e unha praza comercial.