ácaro

ácaro

(

  1. s m [ANIMAL]

    Arácnido da orde dos ácaros.

  2. s m pl

    Orde de arácnidos integrado por animais xeralmente moi pequenos, de corpo a miúdo aplanado, sen segmentación visible nos representantes superiores, con catro ou dous pares de patas nos adultos e tres nas larvas, e co cefalotórax ou prosoma xeralmente fusionado co abdome ou opistosoma. Existen formas libres (acuáticas ou terrestres) e moitas parasitas.

  3. ácaro da sarna [ANIMAL]

    Arácnido paramicroscópico que escava galerías na parte interna da pel humana, sobre todo nas zonas interdixitais. É o axente causante da sarna no home.

  4. ácaro do queixo [ANIMAL]

    Arácnido que vive no queixo.

  5. ácaro dos folículos sebáceos [ANIMAL]

    Arácnido que vive parasito nas glándulas sebáceas do home, especialmente na cara, e dalgúns outros mamíferos. Semella que é inofensivo.

Palabras veciñas

acariota | Acarnania | acarnanio -nia | ácaro | acaroar | acarpo -pa | acarpoascomiceto