Accademia del Cimento

Accademia del Cimento

Academia científica fundada en Florencia por Leopoldo de Médici (1657) seguindo o exemplo da Accademia dei Lincei e as ensinanzas de Galileo Galilei recollidas polos seus discípulos. Tiña como obxectivo o estudo dos métodos experimentais e da física moderna. Desenvolveu e realizou importantes experimentos sobre a presión do aire, os efectos do vougo, a conxelación de líquidos, as propiedades da calor, a propagación do son e da luz, cuestións de astronomía e ciencias naturais, etc. Mantivo relacións estreitas con outras academias científicas europeas, principalmente coa Académie des Sciences de París e coa Royal Society de Londres. Publicou uns Saggi (Ensaios, 1666), que permitiron establecer a importante contribución que fixo o movemento científico da época. Cesou a súa actividade en 1667.