Accademia Pontaniana

Accademia Pontaniana

ou Academia Pontaniana Institución fundada cara ao ano 1440 en Nápoles baixo a protección de Alfonso IV de Aragón, de onde deriva o seu primeiro nome de Academia Alfonsina. Nos comezos os seus membros reuníanse ao redor de Antonio Becadelli, o Panormita (deste alcume deriva o nome de Academia Panormitana), e á súa morte dirixiuna Giovanni Pontano, de quen toma o nome definitivo. Os seus obxectivos eran a realización de estudios filolóxicos e a promoción dos escritores napolitanos (Sannazzaro, etc). Disolveuse a mediados do s XVI e rexurdiu nos primeiros anos do s XIX con obxectivos diferentes.