Acea

Acea
  1. [ONOM]

    Apelido proveniente do nome común acea que co tempo pasou a antropónimo e topónimo. Velaí, por exemplo, o lugar de Acea da Ma, no concello de Culleredo, que pode interpretarse como ‘muíño da ama’. Relacionados etimoloxicamente con este apelido están tamén as variantes gráficas Aceal e Acear.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de azur, unha acea.

Palabras veciñas

Accursio, Francesco | ace* | acea | Acea | Acea Méndez, Isabel | aceal | Aceal