acedía
acedía
(< acedar ?)
-
s
f
Indisposición de estómago provocada polos ácidos gástricos.
Ex: Aquela comida tan copiosa provocoulle acedía.
Sinónimos: acedume, acía, acidez. Confrontacións: escaldazo, pirose. -
s
f
Nivel de ácido que aparece nunha cousa.
Ex: Os últimos iogures que chegaron ó almacén teñen un alto nivel de acedía.
Sinónimos: acedume, acidez. -
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe semellante ao linguado, de ata 40 cm de lonxitude, co lado ocular de cor amarela con puntos negros e cunha mancha negra na aleta pectoral. Atópase en fondos areosos entre 20 e 50 m de profundidade e aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos e poliquetos.
-
s
f
[ALIM]
Peixe que adoita consumirse frito, cocido ou guisado. A súa carne resulta demasiado branda, insípida e con sabor a lama.