acéfalo -la

acéfalo -la

(< lat acephălus < grἀκέϕαλος ‘sen cabeza’ < gr ἀ ‘sen’ +κέϕαλή, -ῆς ‘cabeza’)

  1. adx
    1. Que lle falta a cabeza.

      Ex: Era unha escultura acéfala.

    2. Que carece de xefatura ou liderado claro.

      Ex: A retirada inesperada do líder deixou o partido acéfalo.

  2. s m [ANIMAL]

    lamelibranquio.

  3. adx [ANTROP/CULT]

    Organización non xerarquizada. O evolucionismo cultural califica de sociedade acéfala aquela organización social, banda ou tribo, caracterizada por unha estrutura política descentralizada ou policéntrica.

  4. adx [ARTE/ESCULT]

    Que carece de testa ou remate. Normalmente aplícase este termo a estatuas mutiladas, pero tamén a columnas ou piares sen capitel.

  5. adx [BOT]

    Planta que carece dunha estrutura que normalmente estaría presente en disposición apical.

  6. s m [LIT]

    verso.

  7. adx e s [RELIX]
    1. Cristián que non recoñece un superior xerárquico.

    2. Dise especialmente dos eutiquianos (s V) que no Próximo Oriente se separaron do seu bispo e non recoñeceron xefe ningún.

    3. Comunidades orientais, como a dos serviáns e a dos xacobitas.

    4. Comunidades da Igrexa Ortodoxa que non recoñecen a autoridade do patriarca correspondente.

Palabras veciñas

acefalia | acefalismo | acefalita | acéfalo -la | acefaloquiste | acefato | Aceija