aceirado -da
aceirado -da
(< aceirar)
-
p reg
de aceirar.
-
adx
Que é de aceiro ou semellante ao aceiro.
-
adx
Que é moi forte e resistente.
Ex: Caeu de fociños pero o seu nariz é tan aceirado que non rompeu.
-
adx
Que é incisivo ou mordaz.
Ex: Ás veces, é mellor que cale porque a súa lingua aceirada pode ferir.
-
s
m
[TECNOL]
Proceso de recubrir por electrólise un obxecto metálico con ferro puro.