acemeta
acemeta
s
m
[RELIX]
Membro dunha comunidade de monxes bizantinos fundada no s V na ribeira oriental do Bósforo. Os acémetas eran denominados así (‘que non dormen’) porque a comunidade pregaba ininterrompidamente durante todas as horas do día e da noite. Así, mentres a metade da comunidade non durmía para facer a oración, a outra metade descansaba.