Acerbaixán
Acerbaixán
País de Asia occidental, que se estende desde os contrafortes meridionais do Gran Cáucaso ata o Kurdistán e o río Qiziluzan. Limita ao O con Armenia, Turquía e Iraq e ao L co mar Caspio. Actualmente divídese entre Irán e o estado de Acerbaixán, que ata 1991 constituíu unha república da Unión Soviética.