acetal

acetal

(< acet- + -al)

  1. s m [QUÍM]

    Calquera dos compostos que resultan da reacción directa dos aldehidos ou cetonas con alcohois en presenza de catalizadores ácidos.

  2. s m [QUÍM]

    Nome comercial do 1,1-dietoxietano. É o acetal máis coñecido, que deriva do acetaldehido e do etanol. Emprégase como disolvente en síntese orgánica e en perfumería.

  3. acetal polivinílico [QUÍM/IND]

    Calquera dos polímeros constituídos por acetais nos que o alcohol combinado cos aldehidos é alcohol polivinílico. Obtense acetilizando o alcohol polivinílico illado previamente, ou ben partindo dun éster polivinílico, con hidrólise e acetilización, pero sen separación intermedia. Aplícase na industria dos plásticos, e na de vernices e pinturas.