Acetobacter
Acetobacter
Xénero de bacterias con forma de coco ou de bacilo curto. Viven en xeral nas materias vexetais en fermentación e trasforman por oxidación o etanol ou alcohol etílico en ácido acético, e este en anhídrido carbónico. Empréganse industrialmente na elaboración do vinagre, no proceso de acetificación.