acetona
-
s
f
[FISIOL]
Composto resultante da oxidación metabólica das graxas e dalgúns aminoácidos. Fórmase no fígado e destrúese, agás en casos patolóxicos, na periferia do organismo.
-
s
f
[MED]
Fármaco empregado antigamente como vermífugo e antirreumático.
-
s
f
[QUÍM]
Nome co que se coñece a máis simple e a máis importante das cetonas. É un disolvente polar dotado de gran poder de disolución, especialmente de graxas, resinas e ceras. Industrialmente obtense a partir do alcohol isopropílico. As propiedades químicas da acetona son as xerais das cetonas e máis especialmente das que conteñen o grupo -COCH 3 .
-
s
f
[PAT]
acetonemia.
-
cianhidrina da acetona
[QUÍM]
Nome trivial do 2-hidroxi-2-metilpropannitilo ou α-hidroxiisobutironitrilo: (CH 3 ) 2 C(OH)CN. Obtense engadindo nas condicións axeitadas cianuro de hidróxeno á acetona. Emprégase como insecticida e como intermediario na síntese orgánica, especialmente para a preparación industrial dos ésteres metacrílicos.