Achádego, teatro do
Achádego, teatro do
Compañía de teatro afeccionado que desenvolve diversas actividades de animación teatral na cidade de Lugo, con dirección, entre outros, de Mercedes Arias, Apolinar Vecino e Tareixa Campo. Desde 1988, data da súa creación, estrearon diversos espectáculos, entre os que cómpre destacar Maxia Vermella, recreación do texto homónimo de Michel de Ghelderode, dirixida por Tareixa Campo.