acíclico -ca

acíclico -ca

(< a- + cíclico < gr ἀ ‘sen’ + κύλιος‘cíclico, circular’)

  1. adx

    Que non está disposto en ciclos ou que non segue ningún período determinado.

  2. adx [BOT]

    Flor que ten as pezas inseridas en hélice sobre o eixo floral, como a das aras.

  3. adx m [XEOG]

    Proceso xeomorfolóxico que sufriron as zonas da codia terrestre onde non son perceptibles os ciclos de erosión.

  4. adx [QUÍM]

    Compostos químicos onde non existe ningunha cadea pechada de átomos.

Palabras veciñas

acicatar | acicate | aciclia | acíclico -ca | acicul(i)- | acícula | aciculado -da