acidose
(< ácido + -ose < latacĭdu ‘ácido’ + gr -ωσις ‘formación, conversión’)
-
s
f
[PAT]
Trastorno do equilibrio ácido-básico do organismo, caracterizado polo incremento absoluto ou relativo dos anións. Na especie humana, o organismo pon en marcha diferentes mecanismos para manter o pH orgánico por riba de 7,36, daquela fálase de acidose compensada. Cando o pH descende por debaixo de 7,35, fálase de acidose descompensada.
-
acidose diabética
[PAT]
ariedade de acidose metabólica, producida pola acumulación de corpos cetónicos como resultado dunha diabete melitus mal controlada.
-
acidose láctica
[PAT]
Tipo de acidose metabólica por acumulación de ácido láctico nos tecidos.
-
acidose metabólica
[PAT]
Acidose producida pola retención ou o exceso de ácidos, ou pola perda de bases (bicarbonatos) ou por dilución (achegas importantes de líquidos sen bases). A acidose por retención ou exceso de ácidos pode ser debida á intoxicación, por etanol ou outros, a causas endóxenas, como a cetoacidose diabética, á insuficiencia renal e á reabsorción. A acidose por perda de bases pode ser debida a causas dixestivas ou renais.
-
acidose renal
[PAT]
Tipo de acidose metabólica que é consecuencia da alteración dalgún dos mecanismos renais reguladores do equilibrio ácido-básico do organismo.
-
acidose respiratoria (ou gasosa)
[PAT]
Anormalidade do intercambio gasoso a nivel do pulmón por hipoventilación alveolar que fai que sexa retido dióxido carbónico no plasma hemático. A consecuencia extrema é o coma.