acne

acne

(< gr ἄχνη ‘casca, película, eflorescencia’)

s f [PAT]

Afección do aparato pilosebáceo, motivada por unha infección das espiñas ou por unha inflamación das glándulas sebáceas, que produce lesións sobreelevadas e pustulosas. A acne común débese a irregularidades endocrinas e aparece primordialmente na pubertade. A acne pustulosa, a acne indurada, a acne flegmonosa ou a acne excoriada son variantes nas que aparece, ademais, un proceso pustuloso, de induración, flegmonoso ou de excoriación. A acne conglobata orixina lesións fondas e graves; a acne necrótica é posiblemente de etioloxía estafilocócica; a acne rosácea provoca un avermellamento da rexión central da cara. Diversos fármacos poden producir afeccións acneicas.

Palabras veciñas

acme | acmeísmo | acmestesia | acne | acneico -ca | acnite | acnodo