acobadado -da

acobadado -da

(< cóbado)

  1. p reg

    de acobadar.

  2. [ARQUIT]
    1. adx

      Columna, piar ou moldura que pola súa disposición forma un cóbado.

    2. eixo acobadado

      Dise do eixo que define un fluxo espacial arquitectónico que forza un percorrido no que se ten que realizar un xiro de 45° para chegar ao lado menor dunha sala. Por exemplo, no acceso aos salóns do trono da antiga Mesopotamia, dado o efecto de hieratismo e maxestade que causa a quen accede deste xeito a un espazo arquitectónico.

Palabras veciñas

ACNUR | acó | Acoba | acobadado -da | acobadar | acobadelado -da | acóbado