acólito
acólito
(< lat acollytu < gr ἀκόλουϴος ‘o que segue ou acompaña’)
-
s
m
[RELIX]
-
Ministro da Igrexa que recibiu o ministerio do acolitado e serve o altar.
Ex: O acólito axudaba o crego na misa os domingos.
-
Persoa que serve o altar, aínda sen estar ordenada.
Ex: No medio da misa o acólito pasou a bolsa das esmolas entre os fregueses.
-
-
s
m
Persoa que apoia indiscutiblemente a outra, xeralmente máis poderosa. OBS: Tende a usarse con sentido pexorativo.
Ex: A pesar das barbaridades que cometese sempre estaba protexido polos seus acólitos.