ACP, estados

ACP, estados
[POLÍT/ECON]

Nome que representa o conxunto dos estados de África, o Caribe e o Pacífico, que, en número de sesenta e nove, están asociados á Comunidade Europea pola sinatura dos convenios de Lomé (1975, 1979, 1984). A maioría son antigas colonias dos estados membros da Unión Europea e a súa estructura económica está subdesenvolvida.