acracia

acracia

(< a- + cracia < gr άκράτεια  < ἀ ‘sen’+ κράτος ‘autoridade’)

  1. s f [POLÍT]
    1. Doutrina que nega a necesidade da existencia dun poder e dunha autoridade políticas, e que as combate de xeito pacífico (por espallamento de experiencias alternativamente realizadas en determinadas comunas) para suprimilas.

      Confrontacións: anarquismo.
    2. Situación social na que non existe un poder ou este está marxinado e con escasa ou nula autoridade.

      Confrontacións: anarquismo.
  2. s f [POLÍT]

    anarquía.

  3. s f

    Impotencia, febleza ante unha situación na que nada se pode facer.

Palabras veciñas

acquis communautaire* | acr(o)- | Acra Leuqué | acracia | acrandria | acrania | acraniado