acreción
acreción
(< lat acretione)
-
s
f
[PAT]
Adherencia de partes naturalmente separadas.
-
s
f
[XEOL]
Acción e efecto do crecemento dos minerais por xustaposición de moléculas dende o exterior.
-
acreción dos continentes
[XEOL]
Proceso de crecemento dos continentes que ten lugar durante oroxéneses sucesivas.
-
disco de acreción
[ASTRON]
Masa gasosa en forma de disco, que envolve un obxecto celeste de gran masa, constituída por átomos e moléculas que caen sobre o corpo central, atraídos polo seu gran campo gravitatorio e seguindo un movemento espiral. O gas pode provir da materia interestelar próxima ao corpo central ou ben da atmosfera dunha estrela á que estivese ligado gravitacionalmente.