acrilonitrilo

acrilonitrilo
Nome científico: [propennitrilo: H<sub> 2</sub> C=CH CN]
s m [QUÍM]

Líquido volátil, tóxico, moi inflamable, que se polimeriza en presenza de peróxidos, para dar un dímero de fórmula NCCH2CH2C(=CH2)CN. Obtense facendo reaccionar o amoníaco sobre a acroleína obtida oxidando o propileno, ou facendo reaccionar o propileno co óxido nítrico procedente da oxidación do amoníaco. As aplicacións máis importantes do acrilonitrilo son a fabricación de fibras acrílicas e modacrílicas; a fabricación de resinas ABS e de acrilonitrilo-estireno; a fabricación de caucho nitrilo e a cianoetilación dos tecidos de algodón.

Palabras veciñas

acrilamida | acrilato | acrílico -ca | acrilonitrilo | acrimancia | acrimonia | acrimonioso -sa