acromático -ca

acromático -ca

(< a- + cromático < gr ἀχρώματος‘sen cor’)

  1. adx [BIOL]

    Estruturas celulares non susceptibles de ser tinxidas cos colorantes empregados nas técnicas citolóxicas ou histolóxicas como o fuso acromático.

  2. adx [FÍS]
    1. Que reflicte a luz branca sen descompoñela.

    2. Sistema óptico no que a corrección da aberración cromática permite ver os obxectos exentos das coloracións extrañas que presentan nas beiras cos sistemas non corrixidos.

Palabras veciñas

acrom(i/o)- | acromat(o)- | acromatiácea | acromático -ca | acromatismo | acromatizar | acromatopsia