acrópole

acrópole

(< lat tardío acropŏle< gr ἀκρόπολις‘cidade’)

  1. s f [ARQUEOL/URBAN]

    Nas cidades da Grecia antiga, parte alta, a miúdo sobre un outeiro ou outra elevación, onde xa se edificara a cidade de época micénica, empregada, sobre todo, como centro de cultos relixiosos e cívicos e como lugar de defensa en momentos de perigo. Comprendía as construcións palacianas e edificios relixiosos máis importantes. As acrópoles máis salientables son a de Corinto, no Peloponeso; a de Sunion, na Ática; as de Tebas e Queronea, na Beocia; e a de Atenas, a máis completa e mellor coñecida na actualidade, que, despois de acadar o seu máximo esplendor no chamado século de Pericles (V a C), sufriu abundantes estragos, saqueos e incendios.

  2. s f [ARQUEOL/URBAN]

    croa.