acrosómico -ca
acrosómico -ca
(< acrosoma)
-
adx
[BIOL]
Relativo ou pertencente ao acrosoma.
-
gránulo acrosómico
[BIOL]
Gránulo que aparece dentro do complexo de Golgi cando a espermatida chega a ser espermatozoide; acaba por dispoñerse no polo anterior do núcleo, e entón denomínase acrosoma.
-
reacción acrosómica
[BIOL]
Conxunto de procesos enzimáticos grazas aos que a cabeza do espermatozoide pode atravesar as membranas do oocito.