actinio
actinio
(
-
s
m
[QUÍM]
Elemento radioactivo moi raro (Z = 89, valencia: 3). Identificáronse diversos isótopos do actinio, dos que dous son naturais, de número de masa 227 e 228. O máis estable 227 Ac (período de semidesintegración: 21,6 anos) foi descuberto no ano 1898 por Debierne nos minerais de uranio.
-
serie do actinio
[QUÍM]
Serie radioactiva natural ( radioactividade), co actinio 227 como elemento máis característico, que comeza co uranio 235 e remata co chumbo 207.