actinómetro

actinómetro
  1. s m [FÍS]

    Aparello para medir o actinismo dunha radiación. Emprega emulsións fotográficas ou células fotoeléctricas. Os máis correntes son os exposímetros.

  2. s m [METEOR]

    Aparello para medir a densidade do fluxo de radiación solar. Hainos de tres tipos: o pirheliómetro, que mide a radiación solar directa; o piranómetro, que mide a radiación total do ceo e o piroxeómetro, que mide a irradiación da terra.

Palabras veciñas

actinolita | actinoloxía | actinometría | actinómetro | actinomicetacea | actinomicetal | actinomiceto