Action Française
Action Française
[HIST/POLÍT]
Movemento político francés, xurdido ao redor do xornal do mesmo nome (1908-1944), inspirado e dirixido por Ch. Maurras, L. Daudet e outros. Rexeitaba a democracia e preconizaba a acción directa como medio para a toma do poder. Defensor dun nacionalismo xenófobo e da monarquía absoluta, entendía o catolicismo como unha institución esencial para Francia, xerárquica e disciplinada. O apoio que durante a Segunda Guerra Mundial prestou ao goberno de Vichy (1940) provocou a súa desaparición.