activación
(
-
s
f
Acción e efecto de activar.
Ex: Ás oito da mañá tivo lugar a activación do sistema de alarma.
-
s
f
[FÍS]
Indución de radioactividade nun átomo por bombardeo con neutróns ou con outras partículas nucleares. Ten por finalidade a formación de isótopos inestables ou de provocar unha transmutación nuclear.
-
s
f
[QUÍM]
-
Proceso de conferir a unha substancia, por tratamentos físicos ou químicos, un estado activo.
-
Excitación dunha molécula que incrementa a súa enerxía ata o nivel no que se volva quimicamente reactiva ou emita radiación eletromagnética. O xeito máis frecuente de producir esta excitación é a activación térmica. A activación pode tamén producirse por absorción de fotóns de luz visible ou ultravioleta, por efecto das radiacións emitidas polas substancias radioactivas ou por efecto dun campo eléctrico.
-
Método de análise baseado na medida da radioactividade inducida nun elemento químico como consecuencia de ter tomado parte nunha reacción nuclear. A mostra a analizar sométese a un bombardeo con neutróns nun reactor nuclear ou nalgún outro tipo de dispositivo produtor destas partículas; os neutróns térmicos (de enerxía 0,025 eV) son os máis empregados. A análise por activación pode ser realizada tamén con deuteróns, con protóns ou con outras partículas.
-
Tratamento dunha substancia pola calor ou por reaccións químicas para comunicarlle calidades de absorbencia ou para mellorar as que xa tiña. A alúmina, as arxilas e os carbóns empregados como absorbentes son sometidos, en xeral, a tratamentos de activación.
-
-
enerxía de activación
[QUÍM/FÍS]
En cinética química, a cantidade E que aparece na ecuación empírica de Arrhenius k=Ae -E/RT . A ecuación dá a variación da constante de velocidade k dunha reacción en función da temperatura absoluta T. A enerxía de activación E é a enerxía que teñen que acadar conxuntamente as moléculas dos reactantes para que a reacción teña lugar.
-
s
f
[INFORM]
Posta en funcionamento de aplicacións do tipo applet.