actuación

actuación

(

  1. s f

    Acción e efecto de actuar.

    Ex: O avogado tivo unha actuación brillante diante do xurado.

  2. s f [DER]

    Conxunto de actos e documentos que integran a tramitación dun procedemento xudicial, dun expediente administrativo ou semellante.

  3. s f [LING]

    Comportamento lingüístico dun grupo de falantes. En Gramática Xerativa, uso da lingua nunha situación concreta, única manifestación tanxible da competencia ou coñecemento do modelo abstracto da lingua que posúen os falantes. Sobre a actuación inflúen moitos factores psicolóxicos, sociolóxicos e paralingüísticos.

  4. actuación externa [MED/PSIC]
    1. Paso impulsivo dunha representación mental a un acto.

    2. Na psicanálise, conduta impulsiva, de motivación inconsciente, onde toma forma de acto un contido reprimido. A miúdo toma unha forma autoagresiva ou heteroagresiva. Se se dá durante a relación psicanalítica, forma parte da transferencia. Coñécese tamén co nome en inglés acting out.

Palabras veciñas

Actor’s Studio | ACTP | actriz | actuación | actual | Actualidad, La | Actualidad, La