acúfeno

acúfeno

(< acu- + -feno < gr ἀκούω ‘ouvir’ + ϕαίνω ‘aparecer’)

s m [FISIOL]

Sensación auditiva continua ou intermitente en ausencia de estímulos exteriores. Maniféstase xeralmente cun zunido ou asubío. Pode ser provocado por alteracións do oído externo ou medio ou por afeccións do oído interno.

Palabras veciñas

acucar | acudir | acueduto | acúfeno | acufonía | acugulado -da | acugular