Ada
Ada
[ONOM]
Etimoloxicamente, antropónimo de orixe dobre: por unha banda, o hebreo ‘Adâh ‘adornada por Deus’, nome da primeira esposa de Esaú; pola outra, o xermánico Ada-, hipocorístico dun nome que ten como primeiro elemento adal- ‘caste nobre’. En diversas linguas é o nome familiar de Adelaida, Adela e Adán. Non hai santa con este nome.