Adamauá

Adamauá

  Rexión fisiográfica e histórica do Sudán, dividida entre o Camerún e Nixeria. Penichaira granítica, polo NO queda cortada pola fosa tectónica do Benué. O antigo país de Foumbina, ao redor do alto Benué, conquistado polos fulbo nos primeiros anos do s XIX, recibiu o nome de Adamaua do seu unificador (1805), Adama Hassani Ba. A partir de 1900, o país foi explorado polos británicos, os alemáns e os franceses. A rexión foi repartida entre os aliados (Francia e Gran Bretaña) despois da Primeira Guerra Mundial permanecendo esta división logo da independencia (a parte francesa no Camerún e a parte británica en Nixeria).