adán
(< Adán)
Home que non ten coidado da limpeza da súa persoa, que vai sempre mal amañado, desleixado.
Ex: O teu curmán está feito un adán, cada vez anda máis farrapento e despeiteado.
Citas
- O teu curmán está feito un adán, cada vez anda máis farrapento e despeiteado.
Frases feitas
-
Andar co vestido de Adán/andar co traxe de Adán/vir feito un Adán. Andar completamente espido.
-
Bocado de Adán. Persoa que fai as cousas con trampas e malas artimañas, de xeito que acaba ocasionando moitos desgustos coma a mazá de Adán, orixe de todos os males.
-
Dos tempos de Adán. Moi antigo, moi vello.
-
Ese xa comeu o bocado de Adán! Alguén que se aproveita da amizade para beneficiarse de algo a traizón, como advertindo de que xa as pagará.
-
Estar feito un Adán. Estar mal vestido, esfarrapado.
-
Fillos de Adán. Os homes, os seres humanos.
-
Máis vello que Adán/máis vello ca a bragueta de Adán. Moi vello, lonxevo.