Adapis
Adapis
[PALEONT]
Xénero do grupo dos adapiformes, procedente do Eoceno medio (45 Ma) de Europa occidental, caracterizado polas súas fortes e curtas mandíbulas que só mordían verticalmente, sen acción mastigatoria lateral; a súa constitución corporal era flexible e tiñan pernas longas e delgadas, acadando os 40 cm de lonxitude. Probablemente comían plantas duras e fibrosas. O seu cerebro posuía lóbulos temporais desenvolvidos, o que xa o diferenza dos mamíferos non-primates.