Addai
Addai
Segundo a tradición siríaca, fundador da igrexa cristiá de Edesa. A Doutrina de Addai recolle que foi enviado polo apóstolo Tomás a Edesa para axudar ao rei Abgar. Probablemente, o nome de Addai ten relación co de Tadeo, con quen o identificou Eusebio de Cesarea. Coñécese co nome de Anáfora de Addai e Mari (discípulo seu) unha pregaria eucarística da Igrexa siríaca oriental do s III.