adenite
adenite
(< aden- + -ite < gr ἀδήν ‘glándula’ + -ιîτις‘inflamación’)
-
s
f
[PAT]
Inflamación aguda ou crónica dos ganglios linfáticos.
-
adenite aguda
[PAT]
Adenite que pode estar causada por unha infección directa dos ganglios linfáticos, se ben é certo que en xeral é producida por unha reacción inflamatoria dos ganglios correspondentes a unha rexión corpórea onde hai unha lesión infectada.
-
adenite crónica
[PAT]
Adenite frecuente nos nenos, en forma de pequenos ganglios móbiles, no pescozo.
-
adenite tuberculosa
[PAT]
Adenite crónica de evolución tórpida causada polo bacilo de Koch.