adición
(
-
s
f
Acción de engadir, de agregar.
Ex: Coa adición desta substancia, o composto será mortal.
-
s
f
Cousa engadida a outra.
Ex: Adición dunha pedra ó muro.
-
s
f
[MAT]
Operación consistente en facer corresponder a cada parella de elementos dun determinado conxunto outro elemento do mesmo conxunto, denominado suma. Nos números naturais, se A ten dous elementos, A = {a, b}, e B ten tres elementos, B = {c, d, e}, a reunión A∪B = {a, b, c, d, e} ten cinco elementos, 2+3 = 5. Nos números reais, o resultado da adición obtense sumando ou restando os valores absolutos dos sumandos segundo estes teñan o mesmo signo ou signo contrario. O signo da suma é + se os sumandos son positivos, e - se son negativos; se son de signo diferente, atribúeselle á suma o signo do sumando de valor absoluto máis alto. A adición ten sempre as propiedades conmutativa e asociativa.
-
certificado de adición
[DER]
Título da propiedade industrial que acredita as melloras introducidas nas patentes xa rexistradas.
-
adición latente
[FISIOL]
Acumulación de efectos dun determinado número de estímulos illados subliminares que actúan sobre unha estrutura ata o punto de chegar ao cumio de excitación da tal estrutura.
-
composto de adición
[QUÍM]
Composto que resulta dunha reacción química na que dúas moléculas se xuntan para formar, con todos os seus átomos compoñentes, unha molécula única.
-
reacción de adición
[QUÍM]
Nome xenérico das reaccións orgánicas nas que os elementos dunha molécula en xeral simple (sumando), adiciónanse sobre outra molécula que contén un enlace dobre ou tripla (substrato), fixándose sobre os átomos nos que o enlace múltiple existía. As reaccións de adición constitúen un dos tres grandes grupos nos que as reaccións orgánicas se poden dividir. Caracterízanse pola desaparición no substrato dun enlace mínimo e a formación de cando menos dous novos enlaces con outros tantos átomos ou grupos, que poden provir da escisión homolítica ou heterolítica do sumando, ou poden ter previamente unha existencia autónoma, no caso da adición de ións. As reaccións de adición comprenden reaccións tan correntes e importantes como as reaccións de hidroxenación, adición de alquenos ou alquinos, as adicións de halóxenos, as de hidroaloxenación, adición de haluros de hidróxeno, as de hidración, adición de auga, etc. Os estratos susceptibles de sufrir adicións son, en xeral, as substancias que conteñen enlaces carbono-carbono, enlaces carbono-nitróxeno, enlaces carbono-osíxeno ou carbono-xofre. Se a escisión do sumando é homolítica, os grupos que se adicionan son radicais, se é heterolítica, son un electrófilo e un nucleófilo. Neste último caso, as adicións clasifícanse en electrofílicas, en xeral en condicións acídicas, e nucleofílicas, en medios que conteñen bases fortes, segundo que o proceso motor da reacción siga o ataque do substrato polo grupo electrófilo ou o ataque polo grupo nucleófilo.