adiectio*

adiectio*
s f [FILOS/LIT]

Categoría modificativa introducida na Retórica por Quintiliano que consiste en engadir un ou máis elementos a un enunciado, a unha oración, a unha frase ou a unha palabra. A crase, a epéntese e a enumeración constitúen os tipos de adiectio simple pois baséanse na xustaposición de elementos, mentres que a anáfora, a diloxía e a rima pertencen á adiectio repetitiva porque consisten na reiteración do elemento engadido. Ademais a adiectio, segundo a súa localización, constitúe unha prótese, unha epéntese ou unha paragoxe, segundo o elemento introducido se coloque diante, no interior ou ao final, respectivamente.

Palabras veciñas

adicional | adicionar | Adie, síndrome de | adiectio* | Adige | adigueo -a | Adiguesia