Adión
Adión
[HIST/HERÁLD]
Apelido orixinario de Lugo que se espallou por toda España creando novas casas en Cuenca, Alcalá de Henares e Cádiz. As súas armas levan, en campo de azur, unha torre ameada de prata encol dunhas rochas e dous carballos de sinople, un a cada lado, sobre ondas de auga de azur e prata, nas que se representan dous cisnes brancos afrontados; bordo de azur con nove flores de lis de ouro e timbre coroado de loureiros coa lenda: “Humilitate et timore Dei vincit superbiam” (Vence a soberbia de Deus coa humildade e o temor). Outra variante recolle estas mesmas armas pero con cinco flores de lis de ouro no bordo.