adolescencia

adolescencia

(< lat adolescentĭa)

s f [PSIC]

Período da vida que segue á infancia e precede á idade adulta, aproximadamente desde os 14 aos 20 anos no home e dos 12 aos 18 na muller, aínda que varía segundo o individuo. Durante este período teñen lugar uns cambios importantes que afectan á personalidade total e crean un estado de crise persoal que inflúe na conduta do individuo, crise que varía segundo o ambiente familiar e a actitude social respecto do adolescente. Soe corresponder aos primeiros grandes cambios endocrinos que posibilitan as transformacións corporais da pubertade: desenvolvemento das gónadas e aparición dos caracteres sexuais secundarios. Psicoloxicamente, o adolescente experimenta cambios cualitativos e cuantitativos en tres niveis: instintivo, pois representa un incremento da sexualidade e da agresividade, con un grande aumento dos impulsos, afectivo, que é o momento de variacións emotivas e de proximidade á independencia de cara á madurez, coa inseguridade e a introversión que estes cambios comportan, e intelectivo, cando a persoa adquire a capacidade de manexar ideas abstractas no canto de representacións concretas.

Ex: O tema do seu último libro é a adolescencia.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

xuventude

Citas

  • O tema do seu último libro é a adolescencia.