adopción
(
-
s
f
Acción e efecto de adoptar.
Ex: É necesaria a adopción de medidas contra a emigración ilegal.
-
s
f
Aceptación dunha moda ou corrente que, xeralmente, vén de fóra.
-
s
f
[DER]
Institución xurídica que consiste en tomar como fillo a quen non o é por xeración, e que establece relacións idénticas ás da filiación por natureza. A adopción baséase nos principios de integración familiar e de beneficio do adoptado, supoñendo polo tanto unha ruptura completa do vínculo xurídico que o adoptado mantiña coa familia anterior. De acordo cos consellos do Convenio Europeo en materia de adopción (1967), esíxese en case todos os casos un período de proba (acollemento preadoptivo). Para poder adoptar requírese estar en pleno exercicio dos dereitos civís e, polo menos un dos adoptantes, ser maior de vinte e cinco anos e exceder como mínimo en catorce anos a idade do adoptado. Só poden ser adoptados os menores non emancipados que se encontren en situación de acollemento preadoptivo, con excepción de casos concretos enumerados pola lei. A adopción constitúese por resolución xudicial. Deben dar o seu consentimento diante do xuíz, ou os adoptantes e o adoptado maior de doce anos, co asentimento do cónxuxe do adoptante ou a persoa coa que este convive maritalmente con carácter estable. O consentimento dos pais non se pode referir a un adoptante determinado, agás no caso excepcional de que algunha causa razonable o xustifique. O adoptado, a partir da maioría de idade, pode exercer as accións que o conduzan a averiguar quen foron os seus proxenitores biolóxicos, o cal non afecta á filiación adoptiva. A adopción é irrevogable. Non obstante , o xuíz pode acordar a extinción se o pai ou a nai biolóxicos non interviran de acordo coa lei e por causa que non lles fose imputable, no expediente de adopción. Ultimamente, as circunstancias creadas polas conflagracións mundiais actualizaron a institución e promoveron novos tipos de adopción. A adopción internacional é aquela na que os adoptantes (ou o adoptante) e o adoptado teñen a súa residencia habitual en estados diferentes. O elemento principal que caracteriza e distingue unha adopción internacional dunha adopción nacional deriva, pois, do factor residencia. Unha adopción internacional é sempre máis complexa que unha nacional, xa que se teñen que adaptar dúas lexislacións diferentes que, a miúdo, discrepan nalgún aspecto normativo. O inicio das adopcións internacionais como fenómeno social remóntase aos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial. Nos países destruídos pola guerra, un gran número de rapaces perderon a súa familia e quedaron orfos ou abandonados. Algúns foron adoptados por familias norteamericanas. Rapidamente, as adopcións internacionais convertéronse en adopcións interraciais, que se intensificaron a partir da guerra de Biafra, de Corea e, especialmente, despois da guerra do Vietnam. Se a finais dos anos setenta as adopcións internacionais se viron favorecidas polos fenómenos bélicos, dende aquel momento, como aínda sucede na actualidade, foron consecuencia dos fortes desequilibrios entre os diferentes países. Na década dos noventa xa é posible falar da mundialización do problema, tanto polo que se refire o volume de menores adoptados (estímase que anualmente se adoptan entre 18.000 e 22.000 nenos no mundo) como polo número de países implicados nestes fluxos. Estes deprazamentos de menores funcionan unidireccionalmente, dende os países pobres ata os países ricos, de xeito que se pode falar de países de orixe ou emisores de menores e países de destino ou receptores de menores, con niveis de desenvolvemento e características demográficas e socioeconómicas moi distintas entre eles. Durante a década dos sesenta e setenta, os países asiáticos, especialmente a República de Corea, pero tamén Vietnam, Singapur e Hong Kong, convertéronse nos principais emisores de menores. Posteriormente, moitos destes países asiáticos comezaron a restrinxir a saída de nenos ao tempo que se abLanka, etc.- e comeza a albiscarse unha nova fonte para a adopción internacional: a América Latina. A raíz da caída do muro de Berlín e da consecuente liberalización e crise económica, cómpre falar tamén dun fluxo procedente dos países da Europa do Leste, sobre todo de Romanía. En canto aos países receptores, os EE UU foron os pioneiros na consolidadción das adopcións internacionais. Contra o final dos anos sesenta, iniciáronse as adopcións internacionais en Europa Occidental, comezando polos Países Baixos, Suecia e Dinamarca, seguindo, durante os anos setenta, por Francia e Italia. En números absolutos, o país que realiza máis adopcións son os EE UU, 10.000 ao ano, seguida de Francia, con 3.000.
Ex: A adopción nalgúns países require moito papeleo administrativo.
Sinónimos: apadriñamento, porfillamento.
Refráns
- Cuxos, os das. túas vacas; fillas, os das túas bragas.