adro
(
-
s
m
Espacio situado diante dos primitivos templos cristiáns, destinado aos catecúmenos e aos penitentes.
-
s
m
Terreo, normalmente cercado, que adoitan ter as igrexas parroquiais á fronte ou ao redor. Neste espazo desenvólvese unha parte importante da vida social dos fregueses galegos, por ser o seu lugar de encontro os días de festa, romaría, procesións, foguetes, poxas, misas e mesmo enterramentos. Antano realizábanse neste espazo xuntas e tratábanse asuntos importantes que afectaban á comunidade, como os problemas relacionados coas colleitas. Era o lugar adoito escollido polos mozos para lles faceren as beiras ás mozas e concertar as súas citas ao pé dunha oliveira, unha das árbores característica destes recintos.
Ex: Botaremos unha parrafada no adro.