aduar
aduar
(< ár beduíno norteafricanodawwār ‘poboado no que as tendas forman un círculo ó redor do gando’)
-
s
m
[ETN]
Entre os pastores do norte de África, conxunto de familias gobernadas por un caíd que posúen costumes e intereses comúns. Adoito considéranse descendentes dun antergo común.
-
s
f
[ETN]
Conxunto de tendas dispostas en forma de círculo, propio dos pastores do norte de África, no centro deste atópanse os rabaños.