advaita*

advaita*
[RELIX]

Termo do sánscrito que significa ‘non dualismo’. Doutrina que sostén que só o Principio último, Brahmā, é integral, completo e non escindido, que máis nada que el existe realmente, mentres que os outros fenómenos son ilusorios ou efémeros. A advaita opónse fundamentalmente ao dualismo (dvaita) entre o eu e o mundo, que segundo Śa ṅ kara é o resultado da ilusión e da ignorancia.